O exemplar, con texto de Lois Diéguez e deseño de Diego Núñez, é o primeiro dos libros que Sermos Galiza pon á venda este ano. Os asinantes recibirán de balde un exemplar.
Peregrinaxes recolle viaxes de Manuel María desde o máis próximo ao máis afastado, de Mondoñedo a Venecia; de Bande a Grecia, onde agardaba Lord Byron; da Frouxeira a Roma; de Monforte a Portugal.
O DVD
O DVD que acompaña o libro é unha versión, actualizada e reducida a menos de trinta minutos, de outro de 2005 e foi montado por Xoán Carlos Garrido e guión de Lois Diéguez. Os poemas, na voz de Isidro Novo.
De balde para asinantes de Sermos Galiza
O libro será vendido ao público a 9.90 euros mais será de balde para os asinantes do semanario. Tal como anunciou hai tempo Sermos Galiza, ao longo de 2016 os asinantes recibirán catro libros, ou libros-DVD, editados por Sermos e de recepción por correo nos domicilios de cada asinante. No mes de xullo estará para entregar o segundo, xa rematado e que ofrecerá información inédita ou pouco coñecida sobre a represión a que foron sometidos moitos adherentes ao Partido Galeguista.