A mobilización social polo centro de saúde de Seixo acada o compromiso do Sergas de mantelo aberto

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, descarta o fechamento do ambulatorio malia que a plataforma veciñal desta zona de Marín denunciara que recibira esa ameaza. Foi un dos motivos polos que comezaron as protestas públicas para garantir a atención sanitaria nos lugares de Seixo, Santomé, O Campo e Ardán.
Manifestación da veciñanza para loitar polo mantemento do ambulatorio do Seixo. (Foto: Plataforma veciñal) #atenciónprimaria #sergas #sanidade #ambulatorio #centrodesaúde #seixo #manifestación #protesta #recortes
photo_camera Manifestación da veciñanza para loitar polo mantemento do ambulatorio do Seixo. (Foto: Plataforma veciñal)
Comentarios