Sempre Negueira, Negueira sempre

Hai sitios no mundo que teñen unha enerxía especial difícil de explicar. Un deses lugares é Negueira de Muñiz, nas Terras de Burón. A primeira vez que escoitei falar de Negueira de Muñiz foi, seguramente como para moitos, por conta dos movementos comunitarios xurdidos neste pequeno e fermoso concello galego nos anos 70. Durante moito tempo no meu mozo maxín existía un fermoso mito que finalmente non distou tanto da realidade que atopei cando comecei a descubrir Negueira a fondo hai uns poucos anos.
I Xornada da Castaña, en outubro de 2017 (Imaxe: Nós Diario)
photo_camera I Xornada da Castaña, en outubro de 2017 (Imaxe: Nós Diario)