O seguinte grupo en ser vacinado: o de 65 a 69 anos, con AstraZeneca

A Consellaría de Sanidade confirmou esta sexta feira que as persoas do grupo de idade de entre 65 e 69 anos serán as próximas en ser vacinadas contra o Covid-19 e que, unha vez que se inocule a este colectivo, reiniciarase a vacinación do persoal esencial que aínda non recibiu a súa dose.

Longas colas para acceder ao punto de vacinación habilitado na Cidade da Cultura de Compostela, nesta terza feira (Foto: Arxina).
photo_camera Longas colas para acceder ao punto de vacinación habilitado na Cidade da Cultura de Compostela, a pasada terza feira (Foto: Arxina).
Comentarios