Seguen a baixar as hospitalizacións coa Covid, mais aumentan lixeiramente os casos activos e os contaxios

A segunda fin de semana tras o final do estado de alarma mantense cunha caída da presión hospitalaria no país, con 139 persoas ingresadas por Covid-19, sete menos que a xornada pasada. Os casos activos e os contaxios aumentan lixeiramente, até os 2.685 (+10) e 184 (+8), respectivamente.
Unha sanitaria facendo unha proba de antíxenos a unha cidadá. (Foto: Jorge Peteiro / Europa Press)
photo_camera Unha sanitaria facendo unha proba de antíxenos a unha cidadá. (Foto: Jorge Peteiro / Europa Press)
Comentarios