A Xunta aclara que os niveis de restricións só se empregan de maneira informativa

Un concello que a Xunta sitúa no nivel de alerta verde, o 0, tiña xa a pasada semana restricións do nivel 2. As mesmas que pode ter un concello no nivel de alerta vermella, o 4. Esta falta de correlación entre os niveis de alerta e os de restricións está a xerar confusión na poboación. Agora, a Xunta terá que adaptalos ambos niveis aos criterios acordados entre as autonomías e o Ministerio de Sanidade.

 

Mapas de Sanidade cos niveis de alerta a 22 de outubro de 2020 (Imaxe: Sergas).
photo_camera Mapas de Sanidade cos niveis de alerta a 22 de outubro de 2020 (Imaxe: Sergas).
Comentarios