A sanidade, confinada: 60% das consultas médicas son telefónicas

A asistencia presencial na Atención Primaria continuará confinada. Malia ao alivio das restricións fronte á pandemia noutras esferas sociais e os problemas xerados na calidade asistencial das usuarias e usuarios da sanidade pública, a Xunta da Galiza insiste en limitar a atención presencial nos centros de saúde e adianta que unha parte das consultas médicas a finais de ano continuarán sendo telefónicas. Mentres aumentan as queixas da poboación polo incremento das listas da agarda, profesionais sanitarios advirten dos inconvenientes do sistema en marcha.
Protesta en Cerdedo-Cotobade contra os recortes sanitarios e as limitacións á atención presencial. (Foto: Nós Diario) #sanidade #protesta #atenciónprimaria #consulta #sergas #covid19
photo_camera Protesta en Cerdedo-Cotobade contra os recortes sanitarios e as limitacións á atención presencial. (Foto: Nós Diario)
Comentarios