RESPOSTA Á FOLGA

Sanidade ameaza as médicas de primaria de Vigo que buscan solucións ao colapso

A Asemblea de Médicos de Atención Primaria anunciaba a pasada terza feira que procuraría as súas propias solucións á situación de colapso que atravesa o servizo, entre elas limitar o número de consultas ou a suspensión da docencia nos centros máis sobrecargados. Sanidade non acepta “que reduzan as súas funcións de maneira unilateral”.
 

Protesta do sindicato médico O'Mega ás portas do Parlamento da Galiza.
photo_camera Protesta de médicos perante o Parlamento galego o pasado decembro. Foto: cedida.
Comentarios