Rocío Barral, artesá bonequeira: "Cando comezamos tiven a sensación de que a xente esquecera xogar con bonecas"

Rocío Barral, xunto coa a irmá Belén, mudaron da gran cidade ao interior do rural. O cambio trouxo consigo a creación dun fermoso proxecto artesanal que, desde Guitiriz, revive a maxia que tiñan as bonecas e bonecos de antes. Conseguiron actualizar as figuras con personaxes da literatura universal ou do cine mais sempre mantendo a singularidade de dar vida a xoguetes únicos. O seu éxito xa pasou polas máis importantes feiras de artesanía do país. A súa última proposta personaliza as pezas que comercializan coa imaxe da propia clientela.  
Rocío Barral (á esquerda) xunto a súa irmá Belén na súa casa e obradoiro de Guitiriz (Nós Diario).
photo_camera Rocío Barral (á esquerda) xunto a súa irmá Belén na súa casa e obradoiro de Guitiriz (Nós Diario).