“Os ríos non son privados, son bens públicos”

Fernando Branco, responsábel do sector de Enerxía da CIG-Industria, será o encargado de defender esta terza feira no Parlamento galego unha ILP para a recuperación polo sector público das concesións das explotacións hidroeléctricas en todo o país. A ILP ten o apoio de máis de 13.000 sinaturas, presentadas en xullo pasado despois dunha intensa campaña que comezara hai un ano. Ademais, a iniciativa da CIG xa tivo eco no propio Parlamento con propostas do BNG e de En Marea, a última, a semana pasada. 
ILP sinaturas saltos hidroeléctricas
photo_camera Fernando Branco, no centro entre Paulo Carril e Susana Méndez, na presentación das sinaturas en xullo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios