A Fiscalía da Audiencia Nacional vén de solicitar 10 anos de cárcere para os militantes da asociación antirrepresiva Ceivar, Ugio Caamanho, Iria Calvelo e Afonso García.
A acusación demanda para cada un deles catro anos por facer parte de Ceivar e outros seis por participar en tres actos de recibimento de presos políticos.
No caso de Caamanho, solicita catro anos por estar presente no acto de homenaxe organizado após a súa saída do cárcere.
Ugio Caamanho non puido rematar o seu alegado final diante da sala ao ser expulsado polo maxistrado da Audiencia Nacional, Alfonso Guevara.
Aínda así, Caamanho, en declaracións a Nós Diario, considerou que “o xuízo serviu para visualizar a pretensión de suprimir o dereito á defensa e nese sentido conseguimos que quedase clara a cuestión e que non pasase por un xuízo penal ordinario”.
Ao tempo, destacou que “no que respecta a Ceivar, é evidente de que se trata dunha entidade en defensa dos dereitos civís”.