O reitor da Uvigo aposta no alumnado "doutras latitudes" para lograr o "relevo xeracional"

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, reelixido nas eleccións do pasado 4 de maio, tomou posesión na segunda feira por outros catro anos nun acto que estivo presidido polo titular da Xunta, Alfonso Rueda, e que, en gran medida, protagonizou a lembranza do profesor e ex vicerreitor Manuel Ramos, falecido na véspera das eleccións.

Manuel Reigosa é o reitor da Universidade de Vigo (Imaxe: Duvi).
photo_camera Manuel Reigosa é o reitor da Universidade de Vigo (Imaxe: Duvi).
Comentarios