Reigosa expón que a comunidade de Twitch en galego segue medrando

Reigosa: “As redes sociais son un moi bo lugar onde loitar contra os prexuízos do galego”

Agostiño Reigosa, creador de contido en Twitch, entre outras plataformas, é o impulsor da comunidade de "Twitch en galego" mediante a súa conta de Twitter co mesmo nome. Reigosa expón que o pasado setembro a comunidade presentou unha petición para que a plataforma de Twitch inclúa o galego nos filtros de busca. Ademais, Reigosa fala da importancia de ter referencias galegas en calquera ámbito, tamén en Twitch, para normalizar a situación da lingua.
Agostiño Reigosa é creador de contido en galego na plataforma Twitch. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Agostiño Reigosa é creador de contido en galego na plataforma Twitch. (Foto: Nós Diario)
Comentarios