Denuncia de ADEGA

A receita da empresa da mina de Touro: suprimir os ríos

Explotaciones Gallegas, S.L., que desde hai anos extrae áridos da vella mina de Touro, propón suprimir os ríos para acabar coa contaminación dos cursos fluviais causados polos lixiviados da antiga explotación. Denúnciao a Asociación Ecoloxista ADEGA, que cualifica de “delirante” este último capítulo no “culebrón mineiro de Touro”.

ADEGA
photo_camera [Imaxe: ADEGA] Contaminación nos ríos afectados pola antiga mina de Touro
Comentarios