O rastrexo da Covid-19, un opaco labirinto

En maio, a Consellaría de Sanidade puxo en marcha unha plataforma tecnolóxica de rastrexo formada por operadores. A plataforma tamén asumiu o teléfono de información xeral sobre o coronavirus e mais o habilitado para visitantes de áreas de alta incidencia da Covid-19. A Xunta asegurou que incrementaría o número de operadoras segundo evolucionase a pandemia, mais desde maio non actualiza esta cifra. Tampouco especifica que entidade se encarga de xestionar a plataforma. O Grupo Konecta publicou este mes, no que se rexistrou unha alza dos contaxios, ofertas de emprego para tarefas de rastrexo. Porén, nin a compañía nin Sanidade aclararon a este medio o papel da primeira na plataforma.
Persoas con máscara pola rúa Imaxe M.Dylan Europa Press
photo_camera Os rastrexadores encárganse de localizar os casos positivos para tratar de rachar as cadeas de contaxio (Imaxe: M.Dylan/Europa Press).
Comentarios