Ramón Laia, zapateiro: "Antes, para os zapatos, pensábase máis no traballo e no campo que noutra cousa"

O calzado é unha das pezas máis importantes da vestimenta. Ademais da estética importa a saúde, e diso sabe moito Xosé Ramón Laia, que leva 35 anos facendo zapatos de maneira artesanal desde o centro de Melide. Os seus modelos son moi apreciados e agora mesmo saben deles en países tan distantes como Australia, Canadá ou Alemaña. O seu obradoiro, situado no camiño de Santiago, forma parte da ruta turística municipal como un dos poucos lugares que manteñen a tradición deste antigo oficio.
Xosé Ramón Laia, artesán zapateiro, no seu obradoiro de Melide (Artesanía da Galiza)
photo_camera Xosé Ramón Laia, artesán zapateiro, no seu obradoiro de Melide (Foto: Artesanía da Galiza)
Comentarios