As e os representantes da plataforma Que Voltem á Casa informaron a AGE e BNG da situación na que se atopan os nove presos independentistas galegos, sometidos a unha política de dispersión que os mantén encarcerados a centos de quilómetros da súas casas e familiares, para alén de sofrer a aplicación doutras medidas de excepción.
Así, a plataforma sinala nun comunicado que entregaron aos representantes de AGE e BNG diversa documentación da realidade que teñen que sofrer estes presos. Aliás, tamén lles entregaron diversa documentación en materia penitenciaria de organismos internacionais que o goberno español "incumpre reiteradamente" malia ter asinados convenios e acordos ao respeito.
A plataforma solicitou a ambos grupos parlamentares que fixesen xestións en eidos como instar á Secretaría de Institucións Penitenciarias a que transfira a estes nove independentistas a cadeas ubicadas na Galiza, ou ben que se elimine a aplicación automática do primeiro grao a estes presos.
Tamén solicitou Que Voltem á Casa a AGE e BNG que realizasen una "interpelación urxente" no Parlamento galego sobre a política do goberno español en relación coas condicións dos presos e presas nas prisións do estado.