Críticas ao Estado

"Por que se pode enviar unha fragata a Ucraína e non buscar compatriotas dun naufraxio?"

As familias lamentan a xestión do naufraxio. Os tres mariñeiros sobreviventes e os nove mortos do Vila de Pitanxo agardan no porto canadense de Saint John a súa repatriación e multiplícanse as críticas pola actuación gobernamental. A petición de retomar a busca  gaña forza.

nexus
photo_camera Persoal forense transportou onte os corpos dos dous falecidos que chegaron ao porto de Saint John a bordo do buque 'Nexus'. (Foto:Europa Press).
Comentarios