Promovida por colectivos LGBTI

PSdeG e PP desmárcanse da Lei Galega de Identidade de Xénero

BNG, En Marea, Compromiso por Galicia e Ciudadanos son as forzas políticas que concorren ás eleccións galegas que se comprometeron a aprobar o decálogo de medidas impulsadas por media decena de colectivos Trans do país, que buscan desenvolver unha Lei Galega de Identidade de Xénero. PSdeG e PSOE desbotaron asinar o documento.

Reunión dos colectivos LGTBI con representantes das forzas políticas