O PSdeG pediu abrir unha investigación interna nos departamentos de Vicepresidencia e Sanidade da Xunta para determinar posíbeis erros no asasinato machista ocorrido o pasado 8 de maio no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
A voceira de sanidade dos socialistas no Parlamento galego, Carmen Acuña, presentou unha moción que será debatida no próximo pleno da cámara. Acuña explicou que a iniciativa chega despois de reclamar “en vano” a comparecencia dos responsables dos departamentos.
“É evidente que son inadecuados -os protocolos- e como mínimo insuficientes”, manifestou. Cualificou de “intolerábel” que a Xunta non reaccionara e non respondera a oposición.