Un proxecto de Greenalia ameaza o patrimonio natural e cultural do Xurés

Greenalia prevé erguer no Monte Grande de Bande un parque eólico, o de Fonsanta, que se sumaría aos do Vieiro (xa operativo) e Monte da Neve (en fase de solicitude) e que cercaría a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés. Persoas expertas veñen de presentar alegacións polo "alto impacto" que tería o proxecto neste espazo.

Lagoa do Monte Grande, un espazo de alto valor natural cuxa fauna e flora se verían afectadas (Foto: Reserva da Biosfera Gerês-Xurés).
photo_camera Lagoa no Monte Grande, un espazo de alto valor natural cuxa fauna e flora se verían afectadas (Foto: Reserva da Biosfera Gerês-Xurés).
Comentarios