A información da Xunta aos concellos chegou con moita demora

O problema da couza na comarca de Ferrolterra

Nunha resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias publicada no DOG do 16 de outubro de 2015, é declarada a presenza da praga da couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora Povolny) nos concellos de Ferrol, Neda e Narón e adoptábanse medidas urxentes para a súa erradicación e control no noso país. Mais a información por parte da administración aos agricultores non se fixo até comezos deste ano, cando moita xente xa tiña plantado as patacas de cedo.

Pataca afectada pola couza guatemalteca
photo_camera Pataca afectada pola couza
Comentarios