Por primeira vez este ano, baixan do millar o número de casos activos de Covid-19

Galiza comeza o mes de outubro con 930 casos activos de Covid-19, após baixar por primeira vez no que vai de ano de mil infeccións, algo que non sucedía desde o 12 de agosto de 2020; cun lixeiro aumento dos novos contaxios a 40 -supoñen 18 máis que o día anterior- e un descenso dos pacientes hospitalizados até 48 -seis menos-. Pola súa banda, a taxa de positividade aumenta a un 1,9%.

Os dous primeiros casos da Ómicron 'silenciosa' rexistráronse na área de Vigo (Foto: Europa Press).
photo_camera Unha sanitaria revisa os resultados de probas PCR realizadas durante a segunda vaga. (Foto: Europa Press)
Comentarios