Por primeira vez na historia conseguiuse obter a imaxe dun burato negro. É o resultado do proxecto internacional do Telescopio Event Horizon (EHT), una colaboración internacional que implica máis de 200 científicos de 40 nacionalidades, e contou con financiamento do programa europeo Horizonte 2020.
Captouse así a primeira imaxe dun dos obxectos máis estraños do universo: extremadamente denso, concentra unha cantidade materia case inimaxinábel nun espazo proporcionalmente pequeno, afectando o espazo e o tempo na súa contorna.
A primeira imaxe é un burato negro que está no centro da galaxia Messier 87, na constelación de Virgo, a 55 millóns de anos luz da Terra e cunha masa 6,5 mil millóns de veces superior o sol.
Con esta nova paso, os buratos negros negros deixan de ser entidades exclusivamente teóricas e abstractas, mostrando a súa cara visíbel Para captar esta imaxe, o EHT puxo en rede oito radiotelescopios de todo o mundo localizados en zonas de grandes altitudes, un deles no alto da Serra Nevada, en Andalucía.