A presión continuará nos hospitais

O Comité Clínico de expertos que asesora a Xunta da Galiza non prevé cambios nas medidas de restrición máis duras implantadas en todo o territorio hai unha semana. Sanidade pide tempo até confirmar o cambio de tendencia que comeza a albiscarse. Coa transmisión do virus en descenso, di, a incidencia do coronavirus tamén empeza a decrecer. Porén, desde os hospitais advirten que a presión asistencial continuará, sobre todo nas unidades de críticos, especialmente da Coruña e Ferrol. 
Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, xunto a José Flores, xerente do Sergas, e Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública, nunha fotografía de arquivo [Imaxe: Xunta da Galiza].
photo_camera Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, xunto a José Flores, xerente do Sergas, e Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública. (Foto: Xunta da Galiza)
Comentarios