A presidenta do comité de HM A Rosaleda sobre os despedimentos: "Desde o meu punto de vista, non é certo que non estean en 'primeira liña'"

A compañía HM Hospitais asegurou nun comunicado que a circular que enviou ao seu persoal convidándoo a tomar vacacións só foi difundida entre os "servizos non asistenciais". Porén, a presidenta do comité de empresa dun dos seus centros en Compostela, o policlínico HM A Rosaleda, afirma que se difundíu na grande maioría dos servizos, tamén nos asistenciais. HM Hospitais tamén argumentou que non realizara ningún despedimento, senón que unicamente "non se renovaron contratos temporais". De novo, a presidenta do comité do centro compostelán contradí estas afirmacións.
Centro hospitalario HM A Rosaleda en Santiago de Compostela (Imaxe: HM Hospitais)
photo_camera Centro hospitalario HM A Rosaleda en Santiago de Compostela (Imaxe: HM Hospitais)
Comentarios