O PP fica só defendendo a xeneralización da consulta sanitaria por vía telemática

Non se pode combater a pandemia só con restricións de mobilidade e confinamentos, advertiu o portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, que situou fulcral pór fin á precarización e privatización do sistema sanitario galego, fortalecendo e mellorando en primeiro lugar a Atención Primaria. 

Manuel Martín, portavoz de SOS Sanidade Pública, compareceu na comisión de reactivación do Parlamento galego.
photo_camera Manuel Martín, portavoz de SOS Sanidade Pública, compareceu na comisión de reactivación do Parlamento galego.
Comentarios