Pontón denuncia que a Xunta quer tornar o Hospital do Salnés nun ambulatorio

Un dos efeitos da proposta de reforma da Lei de Saúde recentemente aprobada pola Xunta é a supresión da área sanitaria de O Salnés. A decisión ten un serio impacto sobre o hospital comarcal. Por esa razón unha delegación do BNG -encabezada por Ana Pontón- reuniuse esta terza feira coa xunta de persoal do centro sanitario.

ANAPONTON XUNTAPERSOAL HOSPITAL SALNÉS2
photo_camera Ana Pontón, durante a reunión coa Xunta de Persoal do Hospital do Salnés [Foto: BNG]