O Pleno de Santiago debaterá unha moratoria para prohibir a plantación de eucaliptos até 2030

Unha iniciativa do BNG pretende crear un plan de axudas para plantar "carballos, castiñeiros, sobreiras e froiteiras", segundo explicou a concelleira Goretti Sanmartín Rei, e a corta de eucaliptos "próximos a vivendas, redes viarias e ríos, ademais de impusar unha moratoria até 2030 para evitar novas plantacións e a declaración do Eucaliptus nitens como especie invasora".

ortofoto (1)
photo_camera Foto de Compostela tomada desde satélite onde se aprecia a superficie forestal do concello
Comentarios