A Plataforma en defensa do ensino público anuncia máis protestos para que a LOMCE ''naza morta''

Dando por feito que as matemáticas son unha ciencia exacta, a maioría absoluta con que o PP saca adiante as súas leis no Congreso español fará que a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa sexa, finalmente aprobada. Porén, na Galiza, a comunidade educativa quere facerse ouvir e facer, ao tempo, un "último esforzo" que deixe claro o rexeitamento a esta norma

photo_camera Un intre da rolda de imprensa [SG]
Comentarios