Sen autorización xudicial

As familias do 'Pitanxo' urxen o regreso do buque que investigará os restos

A portavoz das vítimas que esta quinta feira volveron manifestarse diante da Subdelegación do Goberno estatal en Pontevedra, María José de Pazo, é especialmente crítica coa xestión do Ministerio no que atinxe ao operativo de busca de posíbeis indicios que axuden a reconstruír o naufraxio do barco en febreiro de 2022. A partida do buque 'Ártabro' sen autorización xudicial pode invalidar as probas e estragar todo o proceso, lamenta De Pazo: "Estamos case peor que cando nos deron a noticia do naufraxio".
Familiares das vítimas do 'Vila de Pitanxo' ante a Subdelegación do goberno estatal en Pontevedra. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Familiares das vítimas do 'Vila de Pitanxo' ante a Subdelegación do goberno estatal en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
Comentarios