Persoal tradutor da xustiza pide especialización e recoñecemento

"O persoal tradutor desempeña un traballo que, alén de ser delicado, pois as cuestións xudiciais adoitan atanguer aspectos importantes da vida das persoas, esixe un alto grao de especialización, polo que son necesarios coñecementos lingüísticos de estudos superiores para levalo a cabo coa solvencia e o rigor que require", asegura a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación. 
A AGPTI reivindica que nun ámbito tan sensíbel como o da Xustiza haxa persoas traducindo e interpretando coa acreditación necesaria (Foto: Nós Diario).
photo_camera A AGPTI reivindica que nun ámbito tan sensíbel como o da Xustiza haxa persoas traducindo e interpretando coa acreditación necesaria (Foto: Nós Diario).
Comentarios