Persoal sanitario da Mariña tamén pide a suspensión electoral

A situación epidemiolóxica na Mariña, onde os contaxios por coronavirus seguen aumentando por ducias, levou onte un grupo de profesionais sanitarios da comarca a trasladar á opinión pública a súa preocupación ante un escenario que, segundo estiman, excede o brote para ser xa unha transmisión comunitaria, que xustificaría a suspensión electoral nos concellos afectados, unha petición que se suma a dos alcaldes e alcaldesas de dez deses municipios.
IMG_20200709_203858_219
photo_camera Profesionais sanitarios compareceron onte no hospital da Mariña, en Burela. (Europa Press)
Comentarios