Persoal externo a Adif venderá billetes de tren en Ribadavia, O Carballiño e Sarria

Ao longo desta semana a Adif recuperará o servizo de venda presencial que eliminou o 1 de xaneiro en cinco das oito estacións da Galiza. Mentres nas de Ortigueira, Burela, Viveiro, Redondela ou Guillarei se restabelecerá esta modalidade de venda, as de Ribadavia, O Carballiño ou Sarria deberán agardar a sinatura de contratos para que persoal externo, que despois será subrogado por Renfe, atenda nas ventás de servizo. 
Estación de tren do concello de Sarria
photo_camera A venda presencial na estación de Sarria, pendente da sinatura de contratos con persoal externo (Imaxe: Nós Diario).
Comentarios