Persoal da sanidade únese para reclamar estabilidade

A eventualidade na sanidade repercute nas e nos pacientes, afectados pola rotación das profesionais, e mais no propio persoal, que nalgúns casos encadea contratos durante anos. Por ese motivo, sindicatos e colectivos percorrerán mañá as rúas de Compostela nunha manifestación. "Para poder exercer a nosa profesión non podemos concatenar contratos dun día", advirten.
As Enfermeiras Eventuais en Loita nunha manifestación en Compostela en febreiro de 2020 (Imaxe: Arxina).
photo_camera As Enfermeiras Eventuais en Loita nunha manifestación en Compostela en febreiro de 2020 (Imaxe: Arxina).
Comentarios