O persoal de Cirurxía do Cunqueiro plántalle cara á Consellaría, que paga 50 euros por operación menor

Persoal que realiza actividade cirúrxica voluntaria, nas quendas de tarde, do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo rebélase contra os recortes da Consellaría de Sanidade e non programa operacións para as próximas semanas. É así como protestan contra as condicións económicas das cirurxías, polas que se chega a pagar 50 euros.

Feixoo, á esquerda, e García Comesaña -cando aínda non era conselleiro de Sanidade-, á dereita, nun quirófano do Cunqueiro (Imaxe: Xunta da Galiza)
photo_camera Feixoo, á esquerda, e García Comesaña -cando aínda non era conselleiro de Sanidade-, á dereita, nun quirófano do Cunqueiro (Imaxe: Xunta da Galiza)
Comentarios