Cando datas 'simbólicas' como a folga xeral do 10 de Maio e o Día das Letras ficaron atrás, o estudantado da USC retomou as accións directas en contra dos recortes que se están a practicar no ensino público tanto desde a Xunta como desde o Goberno español cun peche na Facultade de Historia que foi acordado nunha asemblea aberta da que fixeron parte ao redor de 50 persoas.
Segundo explicaron as estudantes, a protesta foi organizada entre @s que se fecharon na Biblioteca Xeral, en Fonseca, e a [email protected] uníronse @s alumnas de Ciencias da Educación que estaban tamén [email protected] contra os recortes. Exercer presión contra a suba das taxas e exixir máis unha vez que a Universidade compostelá habilite un espazo de estudo aberto 24 horas son os dous obxectivos centrais do encerro, que será indefinido e "non terá siglas" de ningunha organización estudantil.
Mentres, o encerro na biblioteca intercentros do campus de Lugo continua, e a campaña de accións nos IES da Galiza emprendida pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chegou esta sexta ao Monte Castelo, en Burela. A cadea de peches rotatorios rematará o vindeiro 1 de xuño, e dous días despois nais, pais, estudantes, docentes e a cidadanía en xeral están [email protected] a mobilizarse nunha manifestación nacional a prol da Educación pública, á que tamén se unirá a plataforma en defensa da Sanidade pública.