“O parto é noso”, mulleres contra o feche do paridoiro en Verín

Nesta sexta feira concentráronse ante as portas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) nais, matronas e integrantes da Marcha Mundial das Mulleres para reclamar a reversión do traslado do servizo de partos do Hospital de Verín. Baixo o lema “O rural non se pecha e os dereitos das nais non se recortan” sinalaron a Xunta como responsábel dos recortes.
Nais, matronas e veciñas protestan contra antes as portas do CHUO contra o traslado do servizo de partos desde Verín (Imaxe: Marcha Mundial das Mulleres)
photo_camera Nais, matronas e veciñas protestan contra antes as portas do CHUO contra o traslado do servizo de partos desde Verín (Imaxe: Marcha Mundial das Mulleres)
Comentarios