Erguer – Estudantes da Galiza, convoca “paróns” en todas as aulas de Galiza, tanto de institutos de secundaria como de facultades, ás 12 da mañá desta segunda feira. Unha convocatoria que a organización estudantil enfoca “contra a incompetencia do PP que non protexe os nosos montes”. Erguer xa demandou publicamente a demisión do presidente Alberto Núñez Feijóo, reivindicando que “un goberno galego que non permita que os nosos montes sexan queimados por intereses económicos”.
Para a tarde, diversas organizacións impulsaron a convocatoria de concentracións sob o lema “Lume, NUNCA MÁIS. O noso monte importa”. Todas realizaranse ás 20h. Polo momento están confirmados os seguintes lugares:
- Ourense, Casa do Chocolate.
- Vigo, diante do MARCO.
- A Coruña, Obelisco.
- Compostela, Praza do Toural.
- Lugo, edificio da Xunta.
- Pontevedra, Praza da Peregrina.
- Ferrol, Praza de Amada García.
- Cangas, Praza do Concello.
- Monforte, Praza de España.
- Ribeira, Praza do Concello.
- Cambados, Praza do Concello.
- Lalín, Praza de Lóriga.
- As Pontes, diante do Concello.
- O Carballiño, Praza Maior.
- Ribadavia. Praza Maior
- Rianxo. Praza de Padrón (Na Ribeira, cabo da estatua da Rianxeira)
- Betanzos. Praza do Concello
- Ponferrada. Praza do Concello
- Barcelona. Plaça Sant Jaume
- Girona. Plaça del Vi
- Madrid. Porta do Sol
- No Barco a concentración celebrarase ás 19h diante do Concello.
A lista vai en aumento. Máis información aquí.
O BNG, En Marea e a CIG, xa expresaron publicamente a súa adhesión ás convocatorias.