Pagar por asentar o nacemento das crianzas?

O goberno español recoñece nun comunicado de imprensa que está a preparar a reforma dos Rexistros civís pola cal este servizo público pasará a mans de rexistrador@s da propiedade, área á cal pertence Mariano Rajoy. A denuncia partiu do colectivo de profesionais Jueces para la Democracia, que alertan de máis un "ataque contra a administración de xustiza como servizo público, prexudicando a maioría da poboación e beneficiando rexistradores e notarios"
photo_camera Libros no estante dun rexistro civil [Imaxe: SG]
Comentarios