As últimas modificacións da Lei de Montes Veciñáis en Man Común e a revisión do Plano Forestal de Galiza sentan as bases para que o Partido Popular “roube” o monte veciñal ás Comunidades de Montes. Esta é a denuncia que fai a Orgaccmm, Organización galega de comunidades de montes, entidade que convoca para o 21 de abril una manifestación nacional en Compostela. “Na defensa do monte vecinal como titularidade da veciñanza comuneira”, é una das palabras de orde da movilización, que conta co apoio da CIG, a Federación Rural Galega, o Sindicato Labrego Galego, a Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra e a Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galiza. “Por un plano forestal para un medio rural vivo” é outro dos lemas.
Orgaccmm denuncia que a Consellería de Medio Rural convertese en xuíz e parte para declarar un monte veciñal en estado de abandono, e intervilo por causas burocráticas e administrativas como non elixir a xunta reitora a tempo, por exemplo. “Con elo xustifica a entrega do monte a unha empresa privada por 50 anos sen posibilidade de recuperación nese periodo. Ademais pretende desclasificar montes veciñais que teñan entre os seus usos o social”. Esta organización acusa o PP de querer “privatizar e desclasificar” os montes veciñáis en man común. “Fica claro que para o PartidoPopular o medio rural non ten futuro”.
Poñen como exemplo desa falta de confianza do gobrno galego no noso monte que na revisión do Plano Forestal de Galiza apostan en incrementar a superficie de eucalipto, potenciar os cultivos enerxéticos, e non pola multifuncionalidade.