Orgullo LGBT+ na rúa: "Podemos pór máscaras para protexer os demais, pero non imos permitir que nos amordacen"

Con máscaras e gardando as distancias de seguridade, colectivos galegos saíron este domingo á rúa no Día Internacional do Orgullo LGBT+. "Hoxe, un ano máis, tomamos as rúas, porque estamos orgullosas de ser quen somos, da nosa historia e do noso legado", manifestaron en Vigo, A Coruña, Ourense, Compostela, Lugo ou Ferrol.
Acto polo Día Internacional do Orgullo LGBT+ 2020 Imaxe Avante LGBT+ e AmiZando
photo_camera Acto polo Día Internacional do Orgullo LGBT+ 2020 Imaxe Avante LGBT+ e AmiZando
Comentarios