O secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, sinala que con esta decisión de prohibir os escrachos a menos de 300 metros das moradas dos e das denunciadas nestas accións garántese o exercicio de dereitos por ambas as dúas partes.
Martínez indica que esta distancia tómana do criterio que está a fixar a Ertzaintza, e engade que os axentes da policía van actuar “con proporcionalidade e equilibrio”.
Seguindo o guión fixado desde o goberno central, o secretario de Estado alertou de que os escrachos poden derivar en coaccións “que son inaceptábeis no noso sistema”, e denuncia “actitudes de acoso e insulto, de agresións verbais ou físicas que son prácticas totalitarias e que requiren non só a actuación da Policía senón tamén a condena expresa de todos os que acreditamos na democracia”.