Un operario resultou ferido á primeira hora desta segunda feira tras precipitarse desde unha estada, a unha altura dun segundo piso, no concello de Toén, na comarca de Ourense. S
egundo a información do 112, o suceso tivo lugar ás 8:40 horas desta segunda, cando o operario, que psoibelmente estaba a realizar obras de reforma nun inmóbel situado no número 20 da Rúa Verea, caeu desde a estada.
Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, así como persoal sanitario do 061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.