Un operario faleceu este sábado mentres traballaba, tras sufrir un accidente laboral nunha factoría de monopiles Navantia e Windar en Fene.
O servizo de 112, que tivo constancia dos feitos a última hora da mañá, sinalou que o obreiro finou ao caerlle unha peza mecánica encima.
A vítima foi excarcerada polos equipos propios da empresa, que conta con medios para facer fronte a estas situacións de emerxencias.
Os servizos sanitarios non puideron facer nada para salvar a vida do sinistrado, como consecuencia do forte impacto sufrido.
Os responsábeis de Navantia e Windar avanzaron “un estudo en profundidade para coñecer as circunstancias do suceso e determinar se é necesario adoptar medidas adicionais”.
As compañías sinalaron que todos os seus “centros traballan conforme a esixentes normas de seguridade e políticas de formación en seguridade e prevención co obxectivo de reducir a cero os accidentes”.
O falecido súmase as outras 12 persoas mortas na Galiza nos primeiros dous meses deste ano en accidentes laborais.
Galiza foi en 2022 o segundo territorio do Estado con máis mortes en sinistros de traballo, con 73 falecidos.