A OMS advirte dun notábel incremento de casos de varíola do mono e a ONU pide non estigmatizala

Malia que "unha parte significativa dos casos identificouse entre homes que teñen sexo con homes", a ONU explica que o maior risco é o "contacto físico próximo con alguén infectado", e ese risco "non se limita ás relacións homosexuais". "As leccións da resposta á sida mostran que o estigma e a culpa dirixidos a certos grupos de persoas poden prexudicar axiña a resposta ao gromo", engade.
A OMS insta a illar e rastrexar os contactos estreitos dos casos positivos de varíola do mono para deter a transmisión. (Foto: Berkay)
photo_camera A OMS insta a illar e rastrexar os contactos estreitos dos casos positivos de varíola do mono para deter a transmisión. (Foto: Berkay)
Comentarios