Unha ollada histórica ás redes de trata entre Galiza e Latinoamérica

A asociación Aliad Ultreia realiza a vindeira quinta feira, 19 de decembro, ás 20:00 horas a primeira edición dos faladoiros "Referentes", centrado na fundación cubana Fillas da Galiza. María Xosé Porteiro e Belén Regueira percorrerán a historia deste colectivo, que durante décadas deu apoio ás mulleres galegas forzadas a exercer a prostitución na illa. O avogado Gerardo Pardo de Vera debullará a realidade das mulleres latinoamericanas que hoxe vense forzadas a exercela en territorio galego.

Un acto celebrado no Vello Cárcere de Lugo (Imaxe: Concello de Lugo)
photo_camera Un acto celebrado no Vello Cárcere de Lugo (Imaxe: Concello de Lugo)
Comentarios