Obesidade, unha ameaza para a calidade e a esperanza de vida

A obesidade deixou de ser unha enfermidade predominante só nas sociedades industrializadas para se impoñer tamén en países emerxentes. Co tempo, converteuse nun problema global, unha pandemia que afecta a todas as idades e a todos os grupos sociais. Calcúlase que na Galiza afecta a perto de 25% da poboación.  Só entre as crianzas, a incidencia da obesidade triplicouse nos últimos 30 anos até alcanzar 17%. Así, preocupa o impacto desta doenza na saúde, máis tamén as súas consecuencias como factor de discriminación social. 
Comentarios