A Plataforma pola defensa de Corcoesto alertou, máis unha vez, de que os plans que a multinacional canadense Edgewater Exploration ten para o municipio de Cabana --unha explotación de ouro a ceo aberto que ocupará 770 hectáreas-- incumpre a lexislación de minas. Rematado o prazo de exposición pública e para a presentación de alegacións ante a Xunta acompañadas de 1.300 sinaturas de rexeitamento a este proxecto, o colectivo explica as causas polas cales, na súa opinión e na de [email protected] [email protected], Edgewater trama unha intervención que vulnera a lei.
Así as cousas, esta "barbaridade" que afecta aos municipios de Cabana, Ponteceso e Coristanco, foi considerada polo conselleiro de Industria, Javier Guerra, como "unha grande oportunidade". En resposta parlamentaria ao deputado nacionalista Carlos Aymerich, Guerra anunciou que a Xunta "vai apoiar sempre os investimentos que cumpran coa normativa vixente, que sexan seguros, e que xeren riqueza e emprego". Pois ben, segundo a información que manexa a Plataforma, en Corcoesto non se dará ningún destes catro supostos.
Non acata a normativa e non é unha actividade segura
O colectivo informa de que o proxecto se sitúa no ámbito de tres concesións mineiras: Emilita, Ciudad de Masma e Ciudad de Landró, "afectando directamente dúas delas", polo que a empresa debería ter presentado dúas propostas diferentes con toda a documentación específica. "Isto supón unha grande irregularidade na tramitación, que podería invalidar o procedemento administrativo que se está a seguir".
Alén do anterior, lémbrase tamén que a lexislación mineira estabelece que para que se poida outorgar unha concesión de explotación, os recursos minerais "deben estar adecuadamente xustificados". Este requisito "tampouco se cumpre" no proxecto presentado ante a Consellería de Industria, Enerxía e Minas. A propia empresa recoñece expresamente que "case o 80% son recursos inferidos". Do mesmo xeito, advirten tamén que "na escombreira e nas balsas de lodos contaminantes, non se cumpre tampouco o Real Decreto 975/2009 sobre xestión de residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, xa que non se presenta a documentación esixida por esta normativa para cada unha destas instalacións".
Non xera riqueza nin emprego
Outros "moitos" problemas de natureza técnica e a falta dun estudo arqueolóxico adaptado á actual lexislación "incumprindo os requirimentos da Dirección Xeral de Patrimonio" son outras das pegas que a Plataforma pola defensa de Corcoesto pon ao proxecto ao respecto dos "investimentos que cumpran coa normativa vixente" do que falou Javier Guerra. Sobre a xeración de riqueza e postos de traballo, serán exactamente 20 os empregos ocupados por persoas da contorna. "Cómpre incidírmos tamén na precariedade", sinalaron desde o colectivo. Así, no proxecto contémplanse "dúas quendas de traballo, cada unha de doce horas", a compañía vén de contratar "unhas dez persoas por unha breve duración de quince días" e, "proximamente", a maioría do persoal da mina irá ao desemprego.
As consecuencias para o medio ambiente serían nefastas. As intencións da empresa pasan por dar tratamento con cianuro aos lixiviados, o que causaría residuos perigosos. O "escaso" compromiso co medio ambiente e co respecto á natureza "xa está acreditado na actualidade, polos vertidos de aceites e combustibles ao monte sen ningún tipo de coidado, nin sequera dispoñendo de contedores para os residuos xerados".
Desde a Plataforma quéixanse de que o proxecto non carrexa "moita da documentación mínima" esixida polo artigo 41 da Lei 13/2011 de 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia, como a xustificación da forma en que a proposta de inversión dará lugar a unha expansión significativa do tecido industrial galego e á consolidación deste. "Tampouco contén un estudo de viabilidade que abranga os catorce anos do proxecto" e que recolla todos os custos da explotación, incluídos os derivados da expropiación do monte.
Corcoesto di 'non' á minaría contaminante
Por outra banda, [email protected] da Plataforma reuníronse o 14 de xuño co escritor uruguaio Eduardo Galeano, do que recolleron o seu apoio na loita contra a explotación mineira e que se une ao de [email protected] [email protected] [email protected] Ese mesmo día recibiron a camisola, co lema Corcoesto di 'non' á minaría contaminante, o actor Antonio Durán 'Morris' e o líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, entre [email protected] O colectivo seguirá a pedir apoios para deter o proxecto de explotación de ouro a ceo aberto.