O PP de Compostela vese avocado a recuar na teima de ''privatizar'' a rúa

O grupo municipal do BNG apoiou no pleno o groso da modificación que se fixo na normativa de uso e ocupación da vía pública que se fixo en base ás 256 alegacións presentadas polos colectivos sociais e culturais e que conseguiron frear ''o afán recadatorio'' do goberno local, onde a dereita ostenta a maioría absoluta. No borrador do texto propúñase cobrar até pola instalación de mesas informativas por parte de entidades sen ánimo de lucro
 
photo_camera Faixa dos colectivos sociais nunha cazolada realizada diante do Concello o día en que se aprobou o borrador da normativa [Imaxe: SG]
Comentarios